A Agrupación Musical de Vincios celebra o Día da Música cun novo concepto de concerto o sábado 18 de novembro ás 19:30 horas no Centro Cultural de Vincios. O evento constará de dúas partes: na primeira, a banda actuará en solitario e presentará as últimas incorporacións á formación. Na segunda parte, subirán ao escenario os preto de 80 integrantes das tres corais polifónicas do concello de Gondomar (Vincios, Chaín e Donas) para interpretar xunto á banda un programa de música popular.
Con este concerto, a Agrupación Musical de Vincios pretende poñer en valor o traballo musical, social e cultural que desempeñan as agrupacións corais do concello, así coma ofrecer unha actividade de ocio de grande valor.

