Nigrán informa sobre a prestación económica de pago único por fillos menores de 3 anos

A Concellería de Benestar Social de Nigrán informa que a Xunta de Galicia convoca a prestación económica de pago único por fillo/a menor a cargo (360€), co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos do neno/a, establecendo deducións da cota íntegra autonómica do IRPF.

Poderán ser beneficiarias todas aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos/as nados/as entre o 2 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017 e que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2017, nin eles nin ningún membro da unidade familiar.

A documentación que deberá acompañar á solicitude é: fotocopia do libro de familia completo, certificado do padrón da unidade familiar, certificado IBAN a nome do solicitante (pai, nai ou titor) e outra documentación para casos excepcionais.

As solicitudes poderanse presentar no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán (planta baixa), antes do 24 de maio, previa cita no teléfono 986 365 000.