
O CPI Cova Terreña de Baiona celebrou este venres o Magosto. Despois da 1ª hora, todo o alumnado do centro dirixiuse a Chan da Lagoa, onde os mozos e mozas de 3ºC e 4º de ESO prepararon xogos para os pequenos de Educación Infantil e os compañeiros de Educación Secundaria, que competiron nunha xincana moi divertida.
O alumnado de Educación Primaria preparou o lema para este Magosto: “Non ao lume”, construíndo o mesmo con restos vexetais, en torno ao cal entoaron a canción “Todos contra el fuego” de Joan Manuel Serrat.
Pasaron unha xornada de xogos e convivencia gozando das castañas, cascadas coa colaboración da ANPA e asadas nesta ocasión no forno dunha panadaría local.