Debido á necesidade de avanzar nas obras de humanización da rúa Marqués de Quintanar, a partir do próximo luns, 13 de novembro, e durante un mes, cortarase a circulación rodada nas rúas Marqués de Quintar e Laureano Salgado exceptuando os residentes e os vehículos autorizados.
O Concello de Baiona instalou carteis informativos nos portais para informar os veciños das rúas afectadas. Tamén se colocaron sinais de tráfico de dirección prohibida e ambas as dúas zonas.
Para evitar problemas no ámbito e informar do novo dispositivo de tráfico, haberá presenza policial na zona o vindeiro luns.
Desde o Concello de Baiona piden desculpas polas molestias ocasionadas, pero é necesario levar a cabo esta medida para poder avanzar nas obras de humanización da rúa Marqués Quintanar.

