Un centenar de congresistas de toda a náutica galega danse cita en Baiona

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Comezou en Baiona, coa organización do Comité Organizador da Semana Abanca e do Monte Real Club de Yates de Baiona, o congreso de Ibernáutica, que conta co apoio da Xunta de Galicia, así como do Concello de Baiona, Abanca, Ronáutica Marinas, Vanguard, Coca Cola e Lexus. Preto dun centenar de congresistas con representación das catro provincias galegas en canto a clubs náuticos, así como a industria náutica. A cerimonia de inauguración celebrada á primeira hora contou coa presenza do Alcalde de Baiona, o Director de Portos de Galicia, o Presidente do Club de Yates, Francisco García de Bobadilla e o que foi quen acaparou o interese xeral, o secretario de Estado Alberto López Asenjo.

A mesa científica que foi presentada polo presidente do Club Náutico de Sada, Enrique Tostado, foi a que protagonizou esta primeira xornada, ata tal punto que o programa se atrasou unha hora ante o interese xeral. Na mesa a directora do Oceanográfico de Vigo, o que fose director de Ciencias Oceánicas da UNESCO, investigadores, científicos… realmente foron dúas horas apaixonantes. Para o venres, mesa inaugural a cargo das directoras do turismo náutico, de Galicia e Baleares; á que seguirá unha charla entre a dobre medalla de ouro olímpica Theresa Zabell como presidenta da Fundación Ecomar e o Xerente de Comunicación de Coca Cola en España, Gonzalo Márquez. Tras a mesma a náutica acaparará a atención da man de especialistas do máximo nivel nacional. A clausura de Ibernáutica correrá a cargo do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Isto será ao fío da unha da tarde no Parador de Baiona.

Anuncios