Sin categoría

A Praza de Abastos de Baiona celebra este venres o Magosto

O Mercado de Abastos de Baiona celebra este venres 10 de novembro desde as 18:00 horas o Magosto. Coas compras na Praza entre o 2 e o 10 de novembro os clientes recibirán vales para degustar castañas gratis durante o evento, no que tamén haberá música e actividades para os máis pequenos. Do 2 ao 10 de novembro pódese visitar ademais no Mercado de Baiona unha exposición de cabazas. Todo aquel que leve a súa cabaza recibirá un agasallo só por participar.