O Club de Xadrez Laroca de Nigrán, terceiro no V Torneo por Equipos da Once

O Club de Xadrez Laroca de Nigrán acadou o pasado fin de semana o terceiro posto no V Torneo de Xadrez por Equipos da Once, celebrado en Vigo, por detrás do Vila de Bouzas e o equipo de Universidade de Vigo-EXP. Torneo no que participaron seis equipos do sur da provincia de Pontevedra enfrontándose nun formato de pequena liguiña a un total de 5 roldas e un ritmo de xogo de 90+30.

Por outra banda a xogadora Mireya Represa vén de participar no XI Torneio Internacional da Figueira da Foz – Torneio Sabir Ali, no que rematou no posto 22, mellorando en 6 postos o seu ranking inicial, torneo gañado polo gran maestro polaco Jakubowski Krzysztof.

Tamén houbo participación laroqueira no XI Open McDonalds Vilagarcía 2017 , torneo co que remata o XII Circuíto Galego Xadrez Promoción 2017. Neste torneo participaron na categoría sub 12 Diego Martín Abalde que rematou na posición 26, con dous puntos. Na categoría sub 14 a xogadora Ana Fernández Carneiro que rematou no sétimo posto con 4.5, os mesmos puntos que o terceiro clasificado. Na categoría absoluta participaron os xogadores Jorge Carneiro, que con tres puntos rematou no posto 50, e José Manuel Fernández, que con dous puntos rematou no posto 65.

Anuncios