Nigrán adquire novas marquesiñas por 15.000€ para instalar nos puntos máis demandados

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Unha das novas marquesiñas.

O Concello de Nigrán instalará novas marquesiñas en puntos do municipio que demandan colectivos e entidades veciñais cunha inversión de 15.000 euros. Así, esta semana xa foron dispostas tres delas, unha en Avenida Val Miñor (Nigrán), outra en rúa do Castelo (Camos/Parada) e outra en Estrada pola Vía (Rans), todas elas foron situadas en puntos demandados pola veciñanza ao ser de gran afluencia de viaxeiros por coincidir coa ruta da liña de autobús interurbano ou escolar, como no caso de Parada. Se trata de marquesiñas con paneis antivandálicos (de metracrilato), de liñas rectas e deseño minimalista e con banco de inox, materiais de gran resistencia que garanten a súa durabilidade.

O Concello de Nigrán xa investiu en 2016 un montante de 20.430 euros para reparacións e reposicións de marquesiñas, substituíndo en moitos casos os paneis de vidro rotos por policarbonato celular de 8 milímetros, un material especialmente resistente aos golpes, ademais de instalar tres novas de carpintería de madeira nos puntos máis demandados pola veciñanza (Priegue, A Ramallosa e Praia América).

«Somos conscientes de que faltan marquesiñas en determinados puntos do municipio e, pouco a pouco, as iremos instalando conforme ás peticións veciñais e dando prioridade ás paradas de máis uso», sinala o alcalde, Juan González.