A Xunta comproba os danos sufridos nas explotacións gandeiras do Galiñeiro

FOTO: XUNTA DE GALICIA // Belén do Campo comproba os danos sufridos no Curro do Galiñeiro.

A Consellería do Medio Rural segue supervisando as explotacións que se viron afectadas pola vaga de lumes de outubro para coñecer de primeira man as necesidades dos seus titulares. Neste senso, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, trasladouse esta semana ao municipio de Gondomar para interesarse polos danos e recoller as demandas dos veciños e profesionais do sector.

A directora xeral coñeceu, acompañada do alcalde, Paco Ferreira, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, e a presidenta do PP na localidade, Paula Bouzós, os danos en gandarías extensivas de équidos. Belén do Campo puido así compartir impresións co presidente e demais membros da directiva do Curro do Galiñeiro, ademais de con veciños de Vincios, e aproveitou a súa visita para explicarlles aos damnificados as distintas liñas de axudas que a Xunta habilitou para os danos pola vaga de lumes de outubro, para a cal hai un orzamento de preto de 21 millóns de euros.

A XUNTA COMPROBA OS DANOS SUFRIDOS NAS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS DO GALIÑEIRO
FOTO: XUNTA DE GALICIA // Belén do Campo comproba os danos sufridos no Curro do Galiñeiro.