Gondomar adquire unha furgoneta para a Concellería de Benestar

A Concellería de Benestar do Concello de Gondomar vén de recibir un vehículo para uso desta área a conta do “Plan Concellos 2017” da Deputación Provincial de Pontevedra.

Con esta incorporación á área de servizos sociais, as prestacións da mesma van mellorar considerablemente no que se refire aos desprazamentos, tanto do propio persoal do departamento, como daquelas persoas que nalgún momento poidan necesitar do mesmo, así como no transporte de alimentos, visitas aos domicilios do persoal, etc.

Trátase dun vehículo tipo furgoneta, con portas de corredeira laterais que facilitan a carga e descarga de materiais, así como a accesibilidade daquelas persoas con dificultades. É de baixo consumo, o que vai supoñer un importante aforro para as arcas municipais nas quilometraxes pagadas polos desprazamentos que ata agora se veñen facendo con vehículos particulares.

“Este vehículo supón un chanzo máis no esforzo que a área de Benestar vén realizando por conseguir melloras para a poboación máis desfavorecida do noso concello, cuxa atención é unha das prioridades do Goberno Municipal. Sen igualdade non hai liberdade”, destaca Rocío Cambra.

Anuncios