O Concello de Nigrán organiza este domingo unha ruta mariñeira por Panxón e Monteferro

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Porto de Panxón.

O Concello de Nigrán e Confraría de Pescadores “La Anunciada”, coa financiación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), organizan este domingo unha ruta mariñeira guiada por Panxón e Monteferro de 5 km e dificultade media. O punto de saída é o Porto de Panxón ás 11:00 horas para atravesar a praia da Madorra e entrar en Monteferro ata o faro e de alí ao Monumento á Mariña Universal, retornando ao porto. Recoméndase levar calzado e roupa cómodos. Con esta ruta trátase de rememorar o percorrido que antigamente os veciños de Panxón facían ata as pedras de Monteferro co obxectivo de pescar con cana, garfo ou mesmo recoller ourizo, estes ían pola parte baixa do monte utilizando unha senda de pescadores hoxe en día pouco transitable.

A ruta se encadra en “Nigrán, mar de sabores”, un evento que fusiona tradición mariñeira con gastronomía e ocio e que se estende máis alá das dúas xornadas lúdicas e culturais de setembro.