Sin categoría

O PP achaca a unha “nefasta xestión” o atraso de 24 obras por valor de máis de 3 millóns de euros

O Grupo Municipal do Partido Popular de Nigrán denuncia nun comunicado a incapacidade do goberno socialista para investir o Remanente de Tesourería, o que pon en evidencia “a nefasta xestión económico/orzamentaria do actual equipo de goberno de Nigrán co evidente prexuízo para a economía e xeración de emprego que isto xera para o conxunto do municipio”.

Segundo indican os populares o actual equipo de Goberno presentou na Comisión Especial de Contas celebrada o pasado día 18 de outubro unha proposta de uso de preto de tres millóns de euros do Remanente de Tesourería dispoñible para gastos xerais, para realizar 24 obras no municipio a partir do próximo ano, que retirou na devandita comisión na súa integridade.

As obras que se prevían realizar con esta contía do Remanente e que na súa inmensa maioría para o PP non se verán realizadas xa neste mandato eran:

1.- “Acondicionamento Paseo Marítimo de Panxón”, por importe de 121.556,45 euros.

2.- “Pavimentación rúa Vista ao Mar”, por importe de 52.728,22 euros.

3.- “Acondicionamento beirarrúas na contorna do pavillón polideportivo de Panxón”, por importe de 101.626,25 euros.

4.- “Melloras de beirarrúas e instalacións da rúa do Mariñeiro. Fase II”, por importe de 238.611,08 euros.

5.- “Mellora de accesos ao parque empresarial de Porto do Molle”, por importe de 253.009,15 euros.

6.- “Ampliación da rede de saneamento en Lagoiña, Labrego, Xestal e Pombal”, por importe de 198.987,22 euros.

7.-“Ampliación do saneamento e o abastecemento na zona de Carrasca”, por importe de 157.071,41 euros.

8.- “Saneamento en Areiña, Parada”, por importe de 46.272,83 euros.

9.- “Ampliación da rede de abastecemento na parroquia de Camos”, por importe de 206.984,97 euros.

10.- “Ampliación da rede de abastecemento na parroquia de Parada”, por importe de 314.539,60 euros.

11.- “Acondicionamento da praza pública da Carrasca”, por importe de 101.736,17 euros.

12.- “Acondicionamento da rúa da Igrexa-Chandebrito”, por importe de 82.678,53 euros.

13.- “Pavimentación de diversos camiños na parroquia de Camos”, por importe de 142.731,29 euros.

14.- “Pavimentación de diversos camiños na parroquia de Priegue”, por importe de 31.044,82 euros.

15.- “Pavimentación de diversos camiños na parroquia de Nigrán”, por importe de 103.682,09 euros.

16.- “Pavimentación de diversos camiños na parroquia de San Pedro”, por importe de 132.417,84 euros.

17.- “Pavimentación de diversos camiños na parroquia de Chandebrito”, por importe de 60.526,97 euros.

18.- “Pavimentación de diversos camiños na parroquia de Panxón”, por importe de 68.739,83 euros.

19.- “Mellora da rúa do Rial, Panxón”, por importe de 46.823,95 euros.

20.- “Mellora da rúa do Ceán”, por importe de 101.245,21 euros.

21.- “Rede de pluviais e asfaltado en camiño Rego do Forno”, por importe de 84.288,95 euros.

22.- “Mellora da rúa Mestra Emérita, Priegue”, por importe de 129.037,82 euros.

23.- “Muro de contención cemiterio de Camos”, por importe de 54.450,54 euros.

24.- “Acondicionamento de edificación para centro de consulta e arquivo de documentación”, por importe de 156.981,54 euros.

A distribución do gasto en obras para cada unha das sete parroquias de Nigrán sería a seguinte:

1.- Nigrán: 813.905,22 Euros
2.- San Pedro da Ramallosa: 185.417,31Euros
3.- Panxón: 599.646,23 Euros
4.- Priegue: 160.082,27 Euros
5.- Camos: 404.166,8 Euros
6.- Parada: 619.619,41 Euros
7.- Chandebrito: 143.205,5 Euros

O Grupo Municipal do Partido Popular indica que o problema que se expuxo na Comisión e que obrigou á retirada da proposta, e que viña claramente indicado no seu informe polos servizos económico-xurídicos do Concello, era o de que non existían proxectos aprobados que constasen con todos os informes técnicos oportunos, nin a maioría coas autorizacións sectoriais doutras Administracións, imprescindibles para iniciar a contratación das devanditas obras e que ademais sería preciso para poder usar Remanente de Tesourería para tal fin, iniciar o procedemento administrativo de contratación antes do 31 de decembro do 2107, algo materialmente imposible na inmensa maioría destas obras.

A motivación do porqué pérdese outra vez unha oportunidade tan importante para poder realizar actuacións que sen dúbida mellorarían as infraestruturas para uso e goce dos veciños de Nigrán e ademais dar un impulso á economía no municipio e xerar postos de traballo, é de dous tipos segundo os populares:

1.- Non conseguiron determinar o Remanente de Tesourería para gastos xerais do ano 2016, ata moi avanzado o ano 2017.

2.- O Equipo de Goberno non actuou con dilixencia e programación, co fin de ter os proxectos de obras antes referidos aprobados e por tanto preparados para iniciar o expediente de contratación no momento en que economicamente iso fose factible.

“Non é bo gobernante só aquel que máis aforra no gasto, senón aquel que usando o orzamento con eficiencia consegue gastar os fondos dispoñibles co fin de mellorar a calidade de vida dos seus veciños”, subliñan desde o PP.

Os populares lembran ademais que no pasado Pleno de Outubro confirmouse que as dúas únicas obras soportadas polo Remanente de Tesourería do 2015, a saber: Abastecemento de auga á parroquia de Parada e Reforma e Mellora do Pavillón Municipal, non se atopan formalmente acabadas, nin abonadas, debido a que en ambos os dous casos non existe aínda a data de hoxe acta de recepción das devanditas obras. Outras seis obras que se ían a realizar co Remanente de Tesourería 2015, non viron nunca o seu inicio.