Inscricións abertas para a “Andaina Terrorífica” de Couso

A Comisión de Festas Virxe dos Remedios e a Comunidade de Montes de Couso organizan o vindeiro sábado 11 de novembro unha Andaina Terrorífica. A saída será desde a Capela dos Remedios de Couso para percorrer os montes da parroquia, e ao final, haberá chocolatada para os participantes. A inscrición terá un prezo de 5 euros, 3 para os menores de 14 anos. Para máis información e reservas está dispoñible o teléfono 673 465 777.

Anuncios