Anuncios
Ticker de novas

Cantares do Brión canta contra os lumes cun poema de Manuel María

1.1 Fotografía (Elia Fontes, Yanka Soto) realizaron este vídeo sobre a peza “Poemas ao Outono” (Letra de Manuel María. Música de Luís Correa “Caruncho”. Arranxos de Pablo Rial).

Con esta iniciativa, Cantares do Brión pretende expresar a carraxe colectiva contra os lumes e tamén a esperanza e confianza nas propias forzas para a recuperación dos nosos montes, tomadas, lugares e poboacións.

O coro ofrece tamén a súa dispoñibilidade para participar en todo evento convocado por entidades comunais, encamiñadas á busca de solucións para a catástrofe endémica que Galicia padece.

Anuncios