Teatro do Ar ofrece en Nigrán a obra “Contos para nenos modernos”

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 11 de xullo ás 20:00 horas no auditorio ao aire libre de A Foz do Miñor a obra “Contos para nenos modernos” da compañía de Nigrán Teatro do Ar. Trátase dun espectáculo de contacontos pensado para un público infantil. A entrada é de balde ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias.