Unha nova antena de telefonía 4G podería volver afectar ao sinal de TDT en Baiona

O Concello de Baiona informa que a empresa Llega 800 realizará proximamente un novo aceso dunha antena de telefonía 4G na zona para mellorar a cobertura, polo que o municipio podería volver verse afectado por interferencias ou problemas na recepción do sinal de televisión.

Se isto sucede, os veciños deberán facer o seguinte: se viven nun edificio colectivo, falar co Presidente da Comunidade de Propietarios ou co Administrador de Fincas para que contacten co Centro de Atención ao Usuario (CAU); se viven nunha vivenda individual, contactar directamente co CAU.

Para contactar co CAU, os veciños dispoñen de dúas vías: chamar ao 900 833 999 (lembramos que esta chamada é gratuíta) ou entrando na web www.llega800.es.

En que consisten as actuacións?

Na maioría dos casos, a actuación consistirá en colocar un filtro na antena. Para iso, un técnico desprazarase ao domicilio e as actuacións que realice non terán ningún custo para o cidadán.

Para calquera dúbida ou consulta sobre este tema, os veciños poderán dirixirse á Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Baiona, sita na 2ª planta do consistorio, teléfono 986 385 925.

Anuncios