O Concello de Nigrán ofrece un programa de inserción laboral para mulleres

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o “Programa integral para a inserción laboral de mulleres”, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra. Este consta de dous cursos: “Operacións básicas de pisos en aloxamentos” (camareira de pisos) e “Operacións auxiliares de lavandaría industrial e de proximidade”, así como formación complementaria destinada á adquisición de habilidades na busca de emprego e prácticas non laborais en empresas. Ambos están destinado a mulleres empadroadas en Nigrán e terán preferencia as maiores de 40 anos sen cualificación, en situación de desemprego ou que estando empregadas teñan unha ocupación laboral igual ou inferior ao 25% da xornada laboral. Os cursos comezarán o día 13 de novembro.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 h. a 14.00 h. O período de inscrición comeza o día 30 de outubro e rematará o día 9 de novembro. Xunto coa solicitude de inscrición deberá achegarse un fotocopia do DNI e copia da tarxeta de desemprego.

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse a oficina de Información ao Cidadán 986 365000 ou no correo electrónico: cim@nigran.org.

Anuncios