Anuncios
Ticker de novas

Vehículos e edificios amencen con pintadas na Ramallosa

Este domingo, polo menos unha decena de vehículos que estaban estacionados na Ramallosa amenceron con pintadas, do mesmo xeito que algúns edificios. Tampouco faltan os habituais restos de cristais rotos. Os veciños non dubidan en afirmar que se tratan dos efectos da reapertura da coñecida discoteca da zona, na que se celebrou unha festa de Halloween.

Un dos afectados, veciño da Rúa Valle Inclán e que xa denunciou os feitos no Cuartel da Garda Civil de Baiona, asegura que deixou o coche en fronte da súa casa ás 12 da noite “e xa estaban a facer botellón”. “Funme ás 7:10 da mañá porque tiven que traballar e xa estaba o coche pintado, cunhas letras e un pene no capó”. Está convencido que o regreso do vandalismo é froito da reapertura da discoteca, e pide axuda pública para localizar aos autores.

Anuncios