Parada celebra a Noite de Samaín cunha ruta do terror

A Comisión de Festas de Parada e o Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, coa colaboración do Concello de Nigrán, organizan unha ruta do terror para celebrar a Noite de Samaín. Será o sábado 4 de novembro e incluirá unha pequena ruta de medo, unha cea con petiscos, churrasco mixto, sobremesa e café, e festa don DJ’s por 20 euros por persoa. Os interesados en asistir só á ruta deberán abonar 4 euros. Máis información e inscricións no teléfono 628 986 597.