OVALMI e Concello de Gondomar convocan a hostaleiros e comerciantes a unha reunión

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) e a Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar, convocan para o vindeiro xoves, día 2 de novembro, ás 20:30 horas, unha reunión no Centro Neutral de Gondomar.

Esta convocatoria está dirixida tanto ao comercio como á hostalería de Gondomar, para tratar, entre outros, a campaña de Nadal e actuacións a levar a cabo para dinamizar a zona.

Desde OVALMI rogan a máxima asistencia, xa que consideran de vital importancia ter diferentes puntos de vista e coñecer a opinión dos negocios de Gondomar sobre os temas a tratar, e así poder desenvolver as ideas que poidan xurdir na devandita reunión.

Anuncios