Vigo activa el plan de emergencia por la sequía y requiere ahorro de agua a los ayuntamientos del área

FOTO: ZAMANS.NET // Presa de Zamáns.

O volume de auga do encoro de Eiras neste momento ascende ao 48,27%, polo 44,37% do de Zamáns, cifras que garanten o subministro durante 104 días, segundo informou Abel Caballero.

En base a estes niveis, o Concello de Vigo decidiu activar o plan de emerxencia para situacións de seca, aprobado polo goberno local en outubro do ano 2011. Caballero avanzou que a cidade entra nun estado de aforro de auga «de verdade», con medidas que xa están en marcha, como a información e concienciación pública do uso responsable da auga, a procura de fugas, a supresión de regos, baldeos, fontes, bebedeiros en continuo e purgas da rede, e a recomendación de reducir o enchido das piscinas.

O alcalde vigués, quen enfatizou a recomendación á cidadanía de consumo responsable de auga, anunciou o envío de sendas cartas aos rexedores e rexedoras dos municipios da área metropolitana que reciben auga dos encoros vigueses -Redondela, Cangas, Moaña, Soutomaior, Porriño, Gondomar, Nigrán, Baiona e Pazos de Borbén, segundo citou Caballero- instándolles a que apliquen as medidas de aforro de auga que xa operan en Vigo e están recollidas no plan municipal.