O Cume Galego do Xogo reunirá en Baiona a máis de 200 persoas da industria

O IV Encontro AGEO para a Competitividade do Sector, coñecido como o Cume Galego do Xogo, celébrase este xoves 26 de Outubro no Parador de Baiona, no que se darán cita preto de 200 persoas que representan a todos os actores crave desta puxante industria. A cita coincide ademais co XXXV Aniversario da Asociación Galega de Empresas Operadoras, presidida por Serafín Portas, e conta con gran respaldo institucional.

O Vicepresidente da Xunta e Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, será o encargado da clausura do evento, e a expectación é máxima porque está próxima, ou iso espera o sector presencial da comunidade, o impulso a unha nova Lei do Xogo galega. Pola súa banda, o Director de Ordenación do Xogo do Goberno de España, Juan Espinosa, será o encargado de abrir o Encontro, na que é a súa primeira comparecencia ante a industria en Galicia desde a súa toma de posesión en xaneiro deste ano.

O IV Encontro, que leva por título “Visión global desde o xogo presencial”, analizará desde distintos puntos de vista temas de interese para o sector como a Lei Xeral de Ordenación de Mercado, analizada ao detalle polo Avogado Santiago Moreno e os seus diferentes aspectos, a regulación segundo CCAA, xogo responsable e o papel das mulleres no xogo.

Ademais, haberá tempo para coñecer as posibilidades reais de negocio en eSports da man de GamersWalk, start up de referencia galega, e descubrir as técnicas de fidelización de clientes nos salóns de xogo co experto Juan Carlos Alcaide.

Exposición dos patrocinadores na Galería do Parador

Como sempre, a cita conta co respaldo das principais empresas do sector, que expoñerán as súas últimas novidades na Galería do Parador de Baiona. O evento conta como patrocinadores en categoría DIAMOND de E-Gaming-Covimatic Juegos, Infinity e Maquinaria Automática Comercial, Orenes Grupo e a súa marca online Vivelasuerte.es e Unidesa.

En GOLD, figuran Bwin, Carfama, Gigames, Novomatic, Luckia, Sportium, Recreativos Franco e Zitro e en categoría SILVER Cicor Seguros, Gistra, IPS, Prosegur, Technobouncer e Tecnausa.

Para a loxística e a montaxe do espazo expositivo, na Galería do Parador, AGEO conta co inestimable apoio, un ano máis, de Serdisga.