Hai un mes foi a última vez que a Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís demandaba unha solución ante as queixas dos veciños pola invasión de vehículos na beirarrúa de Julián Valverde e o problema segue sen solucionarse. “Cando o goberno local decidiu poñer xardineiras comentaban que tamén se instalarían bancos; recén postas as xardineiras lle transmitimos ao alcalde que eran insuficientes”, recorda Martín Otero.
“Onte nos volvían a trasladar os veciños, que non poden camiñar pola beirarrúa en Julián Valverde polos obstáculos existentes, que son os vehículos que invaden e se atravesan na beirarrúa. Os veciños indignados nos comentan que xa non se pode camiñar polo beirarrúa, e lle chaman a atención educadamente e aínda se opoñen, creando situacións de enfrontamentos e odio”.
Por iso Castro e Ladeira pide medidas urxentes para evitar este problema, “xa que a policía cando llo transmitimos nos responden que a competencia para liquidar isto correspóndelle ao alcalde xa que eles están baixo mínimos, por mor de baixas ou vacacións, que instalen máis xardineiras remata dicindo o axente da policía”.
Este luns a Asociación volverá demandalo unha vez máis por escrito para que solucionen este problema o antes posible.


