Baiona e Nigrán rexeitaron contratar brigadas contra o lume financiadas pola Xunta

O pasado día 18 de outubro, na sesión de control no Parlamento de Galicia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, denunciou que algúns concellos, entre os que nomeou a Baiona e Nigrán, renunciaron a contratar brigadas contra o lume financiadas polo goberno autonómico.

«Ante as declaracións do Sr. Feijóo, non sabemos si botando balóns fóra, sobre a contratación de brigadas contra o lume en distintos concellos, solicitaremos no seguinte Pleno da Corporación ao Sr. Alcalde explicacións sobre o tema», sinala o Voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida-SON de Baiona, Silvano Montes.

«Ante estas afirmacións non miramos que haxa ningún desmentido por parte da Alcaldía, polo tanto, para non entrar en especulacións nin valoracións subxectivas, e para o coñecemento da veciñanza, preguntamos: é certo que se ofreceu a posibilidade de contratar brigadas contra o lume financiadas pola Xunta de Galicia? Si foi así, cal foi o motivo (ou motivos) polo que non se fixo a contratación da brigada contra o lume polo Concello de Baiona?», conclúe Montes.

Anuncios