Sin categoría

O Val Miñor tenta recuperar a normalidade tras os incendios

A comarca do Val Miñor recupera aos poucos a normalidade tras a xornada infernal do domingo na que os tres municipios que a conforman sufriron o azoute de incendios forestais moi virulentos coas chamas achegándose ás casas.

Na tarde do luns desactivábase a Situación 2 en Baiona, Gondomar e Nigrán, e segundo informa a Consellería do Medio Rural, a estas horas continúa activo o incendio de Parada, mentres que o de Morgadáns pasou á denominación de “estabilizado” e o de Baíña a “controlado”, pero ningún segundo a Xunta dáse aínda por extinguido.

En Gondomar e Nigrán chegaron a arder vivendas, e en Chandebrito faleceron dúas mulleres atrapadas no interior dunha furgoneta cando trataban de fuxir do lume. En Baiona non sufriu danos ningunha casa. Víronse afectadas máis de 20 hectáreas en cada un dos tres municipios.

Agora tentan volver á normalidade, axudados polas choivas que caeron este luns. Toca estudar o dano ambiental e tentar evitar males maiores polo arrastre das cinzas á ría.