Veciños de Baiona loitan en solitario contra o lume para salvar as casas

Pouco antes das 17:00 horas desta tarde declarábase un incendio forestal no barrio baionés da Anunciada, coñecido popularmente como Corea e moi próximo ao cuartel da Garda Civil. Os refachos de vento avivaron rapidamente as chamas, que comezaron a estenderse monte arriba rodeando algunhas das casas próximas.

No momento de redactar esta noticia, centos de veciños loitan contra o lume para salvar as vivendas, con mangueiras e cadeas humanas con cubos e capachos á espera da chegada dos medios anti incendios, que non dan abasto ante a elevada actividade incendiaria, con clara intencionalidade e virulencia, destes días. A gran fumareda é visible desde varios puntos da comarca.

Anuncios