Castro e Ladeira e Atv Distrito XVIII organizan a III Xuntanza Discapaci-Quad

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís máis O Club Atv Distrito XVIII organizan o vindeiro sábado 14 de outubro a III Xuntanza Discapaci-Quad Val Miñor.

O evento celebrarase en Chan da Lagoa por segundo ano consecutivo, ao non poder realizalo na Ladeira coma no primer ano por motivos de permisos da Xunta. «Din que é Rede Natura e despois vemos incongruencias xa que non é a mesma vara de medir para todos», afirma Martín Otero, presidente de Castro e Ladeira.

Otero e o presidente do Moto Club Distrito XVIII, José Enrique Moreira, esperan superar a cifra de participantes do pasado ano, que ascendeu a 110, e tamen de quads, que foron 45.

O obxectivo deste importante evento deportivo e de lecer é o desfrute de mozos e mozas con diferentes discapacidades, físicas ou psíquicas. «Por tercer ano consecutivo organizamos esta actividade para a inclusión dos rapaces neste tipo de actividades, xa que rompemos barreiras», subliña Otero.

As actividades comezarán ás 10 da mañá, contando coa participación dos mozos e mozas de Centro Juan María, San Rafael, Cogami, San Xerome, Apamp, Alento, Aspanaex, Amencer, San francisco, Vontade etc. «Pasarán un día de convivencia realizando actividades relacionadas co mundo do quad, facendo unha ruta pola mañá de máis de 2,5 km e diferentes xogos pola tarde, faremos un xantar de convivencia no que podemos chegar á cifra de 200 comensales ou máis».

Pola mañá amenizará o evento de 13 a 14 horas a charanga Nova Cubana e pola tarde o humorista e actor Fredi Cruxer de 17 a 18 horas.