O equipo de “Galicia bonita” acepta o reto dunha reforma en Nigrán

Nunha nova entrega de “Galicia bonita”, que se emitirá este domingo ás 23:05 horas na TVG, os operarios estarán na comarca do Val Miñor, no concello de Nigrán. Por primeira vez na historia do programa, Laira, Álex, Javier, Carlos e, por suposto, Rosa, aceptarán o reto de levar a cabo unha reforma no tempo récord de catro xornadas.

Cun orzamento limitado, Rosa Facal e o seu equipo, formado entre outros polo albanel Javier, a deseñadora Laira e os carpinteiros Carlos e Álex, fan fronte en cada entrega ao “feísmo” e á arquitectura abandonada, que predomina en pendellos, palleiras e leiras de toda Galicia, e restauran as descoidadas edificacións no prazo máximo de cinco días de traballo.