Anuncios
Ticker de novas

O baionés Adrián Malheiro, vencedor da Taça de Portugal de Karting

O Kartódromo Internacional de Braga foi escenario, esta fin de semana do 7 e 8 de outubro, da 36ª edición da Taça de Portugal de Karting Tranquilidade. Máis de sesenta pilotos en pista batéronse para recadar o tan prestixioso título, unha referencia no panorama do karting en Portugal.

Moitas loitas desde os adestramentos e até ás carreiras finais que elixiron os mellores da edición deste ano. O piloto baionés Adrián Malheiro foi o vencedor entre os Cadetes nun fin de semana brillante, “pois dábase a carreira máis carismática que coñezo”, afirma. “Co equipo PPRT Praga e Paulo Pita de mecánico non podía pedir máis, o tiña todo”, lembrando que estivo “pletórico, carreiras a tope coma sempre, ata a liña de meta”.

O baionés conseguiu o primeiro posto en todas as probas, na crono, nas dúas semifinais -o que lle permitiu saír na pole position para a final- e na final. “Quero agradecer aos meus patrocinadores e colaboradores, sen eles isto non sería posible, en especial a Giorgio (M+Q), esta vitoria é para él”.

Adrián, que recibirá a réplica da Copa na Gala de entrega de Premios da Federação Portuguesa de Automobilismo e Karting xunto o resto de vencedores e os segundos e terceiros clasificados, xa se proclamara, por terceiro ano consecutivo, Campión de Portugal Cadete, e o pasado fin de semana Campión de España Alevín, e en novembro dará un paso máis e loitará por ser Campión do Mundo na última proba que terá lugar en Portimao.

Anuncios