Queixas veciñais en Sabarís polo mal estado dos ríos da parroquia

FOTO: CASTRO E LADEIRA // Estado do río Guillade.

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís denuncia nun comunicado que son moitas as queixas veciñais polo mal estado de conservación e limpeza dos ríos da Parroquia. Os veciños comentan que os peregrinos se quedan cunha boa panorámica ao pasar polo Camiño Real observando o río Guillade e máis adiante o Groba.

“Os turistas no verán, se atopan con esta realidade, pero o que conta de verdade é que hai alarma e preocupación polo seu estado xa que os veciños nos trasladan que se veñen logo as choivas teñen medo de novas enchentes por esta irresponsabilidade por parte do Concello, son coñecedores porque se queixaron os veciños”, sinala Martín Otero.

“O ano pasado pasou igual, senón solicitamos dende a asociación a limpeza non os limpan. O Concello o ano pasado solicitouno en setembro a Augas de Galicia, e a día de hoxe seguen igual, pero o mellor é o seguinte, fai 15 días chamamos para saber como se atopaba a xestión pola solicitude que remitimos a Augas de Galicia o 12 de xullo deste ano, na que lle solicitamos  a limpeza dos ríos da parroquia, e nos contesta telefonicamente -David Nacarino, que enviou a nosa solicitude a Santiago o día 14 de agosto, despois de comprobar os técnicos que efectivamente está no certo a nosa solicitude-, nos din que a principios de outubro procederán á limpeza do río Groba, e lle pedimos tamén do  Guillade que está peor, co cal lle preguntamos como temos tantas queixas veciñais se o Concello o solicitou aparte de nós, pois non, este ano non o solicitou por nós, contesta o enxeñeiro David Nacarino”.

Desde a asociación pensan que é unha irresponsabilidade grandísima sabendo que son coñecedores do tema e os veciños están nerviosos e teñen medo de que veña a choiva e por culpa de non estar limpos pasen desgrazas.

Por iso piden desde a asociación que o Concello faga as peticións a quen lle corresponde, neste caso Augas de Galicia, en tempo e forma para evitar este tipo de situacións e sacar a preocupación e medo dos veciños e que non volva ocorrer.

Anuncios