Máis de 300 alumnos participan nas Escolas Deportivas Municipais e da Deputación en Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Escolas Deportivas.

O pasado 2 de outubro botaron a andar as Escolas Deportivas da Deputación e do Concello de Gondomar, cun total de 305 alumnos, repartidos nas diferentes modalidades ofertadas.

Así, 227 alumnos de entre 5 e 15 anos participan nas Escolas Deportivas da Deputación, 24 na de baloncesto, 15 na de balonmán, 58 na de fútbol, 96 na de patinaxe e 34 na de judo.

En canto ás Escolas Municipais, contan cun total de 55 alumnos de entre 5 e 18 anos, 30 na modalidade de zumba, 3 en deportes en grupo, 14 na de taekwondo, 7 na de tenis e 1 na de tenis de mesa, ademais de 9 nenos e nenas de 4 a 6 anos na modalidade de iniciación ao deporte e 14 alumnos maiores de 18 anos en ximnasia de mantemento.

As Escolas Deportivas, organizadas pola Concellería de Deportes do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra xunto cos clubs da comarca, terán unha duración de 8 meses agás as escolas de ximnasia de mantemento e zumba que serán de 9 meses.

Os interesados en matricularse aínda están a tempo, xa que hai prazas dispoñibles. Para inscribirse e recibir máis información deberase achegar ao Pavillón Municipal en horario de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Teléfonos 986 360 305/608 748 393.

Anuncios