A compañía de Priegue “Entre Lusco e Fusco” abre o domingo o mes do teatro de Nigrán

O Concello de Nigrán arranca este domingo o seu ciclo de teatro do mes de outubro coa compañía de teatro afeccionado de Priegue “Entre Lusco e Fusco”, que representará ás 20:00 horas no Auditorio Municipal “Los pintores no tienen recuerdos”, adaptación da obra do gañador do Premio Nóbel de Literatura en 1997, Dario Fo.

Ao longo deste mes, diferentes compañía de teatro afeccionado da comarca debutarán no Auditorio Municipal de Nigrán cada fin de semana e sempre con entrada de balde ata completar aforo. Así, o sábado 14 (19:30) o grupo de Mañufe Xente daquí e dacolá representará «Quen nos manda facer teatro?»; o domingo 22 de outubro (19:30) Atrezzo de Vigo presenta «Chicago Killers»; o sábado 28 (19:30) Lohegrin representa «Bernarda» e, finalmente, o 29 de outubro (19:30 horas) “Científicos sobre ruedas” a través de Ciudad Ciencia.