
O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, informa que vai realizar un corte de tráfico progresivo este sábado 19 de febreiro en xornada de tarde con motivo do Desfile de Comparsas de Entroido. O primeiro dos cortes producirase desde as 15:30 horas no carril dirección Vigo da Avenida Urbana de Sabarís, ata as 17:45, cando o tráfico quedará totalmente cortado desde a rotonda da autoestrada en Sabarís (PO-552 Km. 14.500) ata a rotonda do Villa Rosa (PO-552 Km 17), ata o final do desfile, que se estima sobre as 20:00 horas. O tráfico, durante o corte, será desviado por vías alternativas e pola AG-57.