Sin categoría

O Pleno de Baiona acorda corrixir e optimizar o Rexistro Municipal para evitar colapsos

O Pleno de Baiona celebrado este xoves aprobou por unanimidade a moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego co fin de corrixir e optimizar o funcionamento do Rexistro Municipal do Concello tras os momentos de tensión vividos entre os días 11 e 13 de setembro motivados pola inxente cantidade de alegacións presentadas por veciños de Baredo e tamén doutras parroquias ao Plan das Costeiras.

No acordo establécese notificar mediante nota aclaratoria nas dependencias do Rexistro Municipal que a sinatura en documento constitúe método de identificación do solicitante por si mesmo e que non se precisa autorización expresa para a presentación de documentación.

Ademais, o Goberno Municipal establecerá medios e procedementos axeitados para a recepción masiva de documentación, escritos ou calquera outra solicitude, para aqueles momentos nos que sexa preciso poñelos a disposición da veciñanza e, así mesmo, evite o colapso do Rexistro Municipal.

O feito de que un veciño quixera rexistrar máis de trescentas alegacións produciu unha situación de saturación temporal do Rexistro municipal. Momentos antes, o BNG presentou máis de trinta alegacións, que deixou en depósito á espera de ser rexistradas durante o día.

A solución ao colapso do Rexistro, por parte do Concello de Baiona, foi declarar que a presentación de documentación non podería ser recollida senón era entregada en persoa pola asinante ou si non se levaba unha autorización expresa para tal fin.

Ao día seguinte abría o Rexistro cunha nota na que se podía ler:

Conforme lo dispuesto en el 9 de ley 39/2015 de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas están «obligadas a verificar la identidad de los interesados en el procedimiento administrativo, mediante la comprobación de su nombre y apellidos o denominación o razón social, según corresponda, que consten en el Documento Nacional de Identidad o documento identificativo equivalente». Dicha identificación que solo puede llevarse a cabo de forma presencial en el registro municipal, o de forma electrónica «a través de cualquier sistema que cuente con un registro previo como usuario que permita garantizar su identidad», admitiéndose los sistemas de identificación del art. 9.2 en la sede http://baiona.sedelectronica.gal.

Y el artículo 11 de la LPAPC señala que con carácter general, para realizar cualquier actuación prevista en el procedimiento administrativo, será suficiente con que los interesados acrediten previamente su identidad a través de cualquiera de los medios de identificación previstos en esta Ley y el artículo 5 del mismo texto legal señala que para formular solicitudes, presentar declaraciones responsables o comunicaciones, interponer recursos, desistir acciones y renunciar a derechos en nombre de otra persona, deberá acreditarse la representación. Para los actos y gestiones de mero trámite se presumirá aquella representación.

Es por ello por lo que la Administración verificará la identidad de los interesados con motivo de la presentación de solicitudes, instancias, alegaciones, debiendo los interesados acreditar su identidad mediante la exhibición del DNI y en caso de actuar en nombre de otra persona deberá acreditarse la representación en los casos que legalmente proceda.

Nese mesmo día o BNG advertiu tanto á Secretaria do Concello como ao seu Alcalde que consideraba que aquela notificación non se axustaba a dereito, mais que era razoable buscar vías que non volvesen bloquear o Rexistro municipal.

A propia iniciativa, o BNG solicitou falar coa Secretaria do Concello e suxeriu que se aceptase unha presentación múltiple de alegacións cunha soa inscrición rexistral, permitindo así a entrega das mesmas sen que se bloquease o normal funcionamento do Rexistro. Este mesmo procedemento foi aceptado polo Alcalde de Baiona nun encontro improvisado cunha representación dos veciños e veciñas presentes, comprometéndose a que ese procedemento era válido e aceptado.

Ante este ofrecemento os veciños e veciñas, convencidas de que a advertencia exposta non se axustaba á legalidade, insistiron en buscar vías de rexistro alternativas, ao que o BNG de novo informou que no Rexistro da Xunta en Vigo serían aceptadas as alegacións independentemente do seu número.

Tras consultar o BNG co seu departamento xurídico, clarificou aquilo que se informara no mesmo momento de lectura do aviso municipal. O artigo 10.1 da LPAPC, obviado na comunicación do Concello de Baiona, sinala que os interesados poderán asinar a través de calquera medio que permita acreditar a autenticidade da expresión da súa vontade e consentimento, así como a integridade e inalterabilidade do documento. Tamén o artigo 10.4 fai mención a que cando os interesados empreguen un sistema de sinatura dos previstos nese artigo, a súa identidade entenderase xa acreditada mediante o propio acto da sinatura.

Xa que logo, a sinatura manual é obviamente válida, tal e como relata o artigo 10.4, a sinatura dun documento absorve a identificación, polo que cando se presenta un documento que está asinado non hai que verificar nin comprobar a identidade, podendo presentar este documento calquera persoa.