O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, anunciou esta mañá a reestruturación do seu equipo de goberno.
Rodal informou de que José Ángel Bahamonde, delineante de profesión, pasará a ser o responsable da Concellería de Urbanismo e manterá a de Electricidade e Iluminación Pública.
Pola súa banda, Daniel García Dacuña, aparellador de 28 anos, que xurou o seu cargo no pleno ordinario celebrado esta mañá, farase cargo da Concellería de Vías e Obras e Medio Rural.
Así mesmo, a Concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Mª Carmen Paredes, ocuparase tamén da Concellería de Mercados.
Deste xeito quedan repartidas as responsabilidades tras a marcha o pasado mes de setembro da concelleira Ana Simóns Sánchez, que renunciou ao seu cargo por motivos persoais.




