Nigrán dedica a segunda quincena de outubro á recuperación da memoria

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // O Xardín da Memoria en Panxón.

O Concello de Nigrán inicia a súa programación sociocultural de outono coa cuarta edición do concurso “Bocados” e un ciclo de teatro afeccionado no Auditorio Municipal.

A segunda quincena de outubro estará dedicada á recuperación da memoria coa conmemoración da “Volta dos 9” e a celebración do “Día da Recuperación da Memoria Lingüística de Galicia”. Un ano máis o goberno de Nigrán depositará un ramo no xardín da memoria inaugurado o ano pasado diante do Pavillón de Panxón (parroquia á que pertencían os 4 dos 9 mariñeiros fusilados) e celebrará nesta ocasión no Cemiterio Municipal de Parada o Día de Recuperación da Memoria Lingüística de Galicia.

Novembro será o mes da micoloxía e dos magostos nas parroquias. Unha programación estable e de calidade que se manterá xa como referencia do mes de outubro e do outono en Nigrán.

Anuncios