Gondomar organiza unha excursión para maiores de 55 anos polo Día de San Martiño

FOTO: TURISMO DE A GUARDA // Vista desde o Monte Santa Trega.

A Concellería de Benestar social do Concello de Gondomar organiza o unha excursión o sábado 11 de novembro para maiores de 55 anos polo Día de San Martiño. As prazas poden reservarse ata o 31 de outubro no Departamento de Benestar Social sito na Casa da Cultura.

O prezo é de 30 euros por persoa e inclúe viaxe en autocar gran turismo, seguro de viaxe, comida con baile, subida ao Monte Santa Trega e guía acompañante. Máis información no teléfono 986 36 01 68.

Itinerario

Saída do punto e hora indicada a primeira hora da mañá. Percorrido en Autocar Gran Turismo e paradas durante o traxecto. Chegada a Caminha, típica poboación costeira do norte de Portugal, sede de municipio, localizado na desembocadura do río Miño, nun lugar agraciado pola natureza, fronteirizo con Galicia. Posterior visita a Vilanova de Cerveira e o seu tradicional mercado dos sábados. É territorio pródigo en recursos naturais, paisaxes de rara beleza, nunha simbiose de montañas, vales, propicios para a práctica do turismo na natureza.

Continuará o percorrido visitando A Guarda, pobo fronteirizo entre Galicia e Portugal. Posterior subida ao Monte Santa Tegra, dende ónde se divisa unha paisaxe única. Posteriormente, desprazaranse ata o restaurante para a comida (Aperitivos, Merluza á Romana, Tenreira Asada, Postre, Auga, Viño, Café e Licores Galegos). Seguidamente, e para rematar ben a excursión, desfrutarán dunha sesión de baile amenizada por un grupo musical. A última hora da tarde, iniciarase a viaxe de regreso a Gondomar.

Anuncios