Morre un operario en Porto do Molle tras caerse e golpearse na cabeza

Un traballador de 49 anos e veciño de Vigo, J.A.A.G., faleceu este luns ao precipitarse desde unha altura e golpearse na cabeza mentres traballaba na construción dunha nave no polígono empresarial de Porto do Molle, en Nigrán.

Segundo informou o 112, un particular chamou sobre as 9:30 horas da mañá alertando de que un operario da construción caeuse e golpeouse na cabeza.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada do 061 pero o equipo médico só puido certificar o falecemento do traballador. Tamén foi alertada a Policía Local de Nigrán e axentes da Policía Científica da Garda Civil, que se fixeron cargo da investigación.

Ao mediodía e con autorización xudicial, o cadáver do traballador foi levantado e trasladado para a práctica da autopsia.

Anuncios