O equipo miñorán Siglo XXI proclámase campión de España de dardos electrónicos

Este venres celebrouse no Hotel Bahía de Baiona o Campionato de España de dardos electrónicos de aro estreito. Entre todos os equipos participantes o equipo campión foi o Siglo XXI de Vilariño-Nigrán, gañando a final 9-2 ao equipo Dragons de Cantabria.

O equipo fórmano os baioneses Guille e Dudu, os nigraneses Capelo e Fabi, os gondomareños Suízo e Freddy e o vigués Dani.