Gondomar elabora un plan de accesibilidade para a supresión de barreiras arquitectónicas

O Concello de Gondomar elabora un Plan Municipal de Accesibilidade de todos os edificios e espazos públicos do municipio e busca liñas de financiamento noutras administracións.

Segundo informa o alcalde, Paco Ferreira, devandito Plan incluirá colexios de ensino (CRAS), cemiterios municipais, biblioteca, auditorio, centros de formación ou o propio consistorio, que iniciará as súas obras a finais de ano por valor de 47.101,16 €, subvencionadas pola Deputación, e consistentes na reforma e ampliación das escaleiras exteriores de pedra e a colocación dunha pasarela acristalada, seguido da colocación dun ascensor interior e outro na biblioteca municipal, a accesibilidade ao cemiterio municipal de Gondomar, a adaptación de baños públicos en edificios municipais e a eliminación integral de todas as barreiras arquitectónicas en espazos públicos do municipio (rebaixes nas beirarrúas e/ou eliminación de barreiras como se acaba de facer coa reforma integral do novo parque da Coelleira).

“É impensable acabar co problema de accesibilidade e barreiras arquitectónicas, se os Concellos como administración máis próxima ao cidadán, non afrontan decididamente esta problemática; de aí, que Gondomar queira e aposte firmemente por ser un Concello libre de barreiras e totalmente accesible a todo tipo de persoas», concluíu Ferreira.

Anuncios