Animais e produtos do campo, protagonistas das “poxas” de San Miguel

A parroquia gondomareña de Peitieiros celebra estes días as festas en honor ao seu patrón, San Miguel. Os festexos comezaron este venres co pasarrúas da Banda de Música de Redondela polo centro de Gondomar, para a continuación acompañar ao carro tirado por un tractor no que se transportan algúns dos animais que se poxan ese mesmo día pola tarde nas tradicionais “poxas”, saíndo desde o barrio de Areas ata o recinto de festas. Ás 12:30 do mediodía celebrouse a Misa Solemne con sermón seguida da procesión.

Ás 17:00 horas, comezaron as tradicionais “poxas”, reunindo a centos de veciños no atrio da Igrexa. Carlos Riveiro, coñecido como Carlos de Gondomar, foi o encargado de realizar as vendas. Cabritos a 60 e 70 euros, galos a 40 e 50 euros, plantas, sacos de patacas… a 20 e 25 euros, coellos por 15 e 20 euros, lotes de produtos de campos entre 15 e 35 euros… son algúns exemplos do que os asistentes puideron adquirir.

Xa pola noite, a verbena estivo amenizada polas orquestras Olympus e Funçãu Pública, sendo a primeira vez que o grupo portugués actúa na comarca do Val Miñor.

O sábado 30 será o último día da verbena das festas en honor a San Miguel coa actuación das orquestras Abanico e Atenas.

2017-09-30 - 22008282_840719012755949_2111040162435119065_n

El pase de diapositivas requiere JavaScript.