O Pavillón Municipal de Baiona acolle este sábado 30 de setembro unha xornada de convivencia do Club Baloncesto Baiona co Club Baloncesto Vila Real (Portugal), co obxectivo de pasar unha tarde amena e divertida coa que empezar a preparación da tempada dos equipos infantil feminino vermello, cadete masculino e júnior feminino. Ás 12:00 horas comezará o encontro cadete masculino; ás 16:30 horas o encontro júnior feminino e ás 19:00 horas o encontro infantil feminino vermello.
Torneo de Pretempada do Club Baloncesto Baiona

