O Cereixa confirma as súas dúas primeiras fichaxes para a próxima tempada

Final de tempada para o Cereixa Gondomar FS cun terceiro posto e a Copa Preferente Galicia Sur nas vitrinas. A pesar diso e aínda que haxa unha pretempada por medio, o equipo confirma as súas dúas primeiras fichaxes para a tempada 2018/19. Samu R. Trabazos e Rubén Rodríguez “Desfa”.

Samu R. Trabazos: os vellos rockeiros sempre volven e o crack de Parada únese a un proxecto ilusionante. Calidade, caneo, xogo asociativo e gol son as súas principais credenciais.

Rubén Rodríguez “Desfa”: veloz, habilidoso e cunha facilidade para ver porta como así demostran os seus 32 goles esta campaña en Os do Val. Retorna ao equipo co que se alzou un subcampionato de Liga e Copa na tempada 2015/16.

Dúas grandes incorporacións que darán un salto de calidade a un equipo que pechou a tempada como máximo goleador con 164 goles en 32 partidos. Desde o Cereixa Gondomar FS deséxanlles éxitos e que gocen do fútbol salga porque será como mellor contribúan á consecución dos seus obxectivos.