
O próximo día 7 de outubro, ás 20:00 horas, o Liceo Marítimo de Baiona acollerá a presentación dun novo traballo do grupo de corda e voces Baiona Bay. Dita gravación, foi realizada en rigoroso directo o pasado 29 de xullo, no seu concerto na Praza do Concello e recollida en CD.
O evento contará coa presenza da totalidade da Corporación Municipal; así como tamén está confirmada a presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.
Baiona Bay
A mediados do ano 2014, un grupo de amigos que gozan tocando e cantando, decidiron formar unha agrupación con nome propio; de aí naceu a idea de crear “Baiona Bay”. Ata o momento, alguns tocaran xa xuntos noutros grupos, e participaron en distintos eventos, mesmo acompañando un coro de voces.
Unha vez constituida formalmente a Asociación Cultural, comezan a preparar un repertorio variado para distintas actuacións. A primeira tivo lugar en agosto de 2014. A partir de entón foron xurdindo novos compromisos, así foron camiñando pouco a pouco, paso a paso, ata a actualidade.
A principios do 2015 , comezaron a madurar a idea de facer unha grabación, que con moito esforzo, dedicación, e sobre todo ilusión, deu lugar ao nacemento do seu primeiro CD, titulado “Punto de partida”.
Baiona Bay está formada por: Bandurrias (Luis, Aitor e Paula); Laúd (Simba); Guitarras (Celso, Plácido, Ramón, Anabel, Mari, Ana, Marga, Antonio e Viñas; Voces ( Kiko, Manolo, Herli, Carmen, Manolo, Mari Carmen, Gabriel, Cristina, Manuel e Jacinto).