Preto de 180 xogadores conforman a gran familia do Erizana

Nais, pais, socios, colaboradores, directivos, adestradores e xogadores achegáronse este domingo ao campo de Val de Martín para presentar as diferentes categorías do Erizana Club de Fútbol de Baiona para a tempada 2017-2018.

Preto de 180 xogadores conforman o club baionés, repartidos nas categorías chupetes, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior.

Despois de realizar as fotos de equipo de cada categoría, inmortalizouse a toda a gran familia do Erizana, xogadores, corpo técnico, directivos, familiares e, en representación do Concello de Baiona, o alcalde, Ángel Rodal, e o concelleiro de Actividades Marítimas, Raúl Costas Lafuente.

As inscricións para formar parte de calquera das categorías que participan en competición oficial mantéñense abertas. Os horarios de adestramento, que se desenvolve no campo municipal do Aral, son os seguintes:

• Chupetes: mércores e venres de 18:15 a 19:45 hora.
• Prebenxamíns: mércores e venres de 18:15 a 19:45 horas.
• Benxamíns: martes e xoves de 18:15 a 19:45 horas.
• Alevíns: luns e mércores de 18:15 a 19:45 horas.
• Infantís: luns, martes e xoves de 19:45 a 21:15 horas.
• Cadetes: luns, mércores e venres de 19:45 a 21:15 horas.
• Xuvenís: luns, mércores e venres de 21:00 a 22:30 horas.

Ademais, a próxima semana comeza unha campaña de portas abertas ata o 15 de outubro.