Novo parque infantil e biosaudable na parroquia baionesa de Belesar

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Parque infantil e biosaudable de Portameán.

O Concello de Baiona reabriu esta semana o parque de Portameán, na parroquia de Belesar, despois de levar a cabo unha profunda reforma de mellora e ampliación da zona de xogos.

O novo parque infantil e biosaudable de Portameán xa está aberto con novos elementos para pequenos e maiores. Nos traballos levados a cabo polos operarios municipais instalouse un novo valado de madeira, así como elementos biosaudables que foron reciclados de outras zonas e novos xogos, como columpios e cama elástica, para os máis pequenos.

A actuación tamén inclúe a colocación de bancos e papeleiras, ademais dunha nova plataforma de xabre e area. A inversión do Concello roldou os 8.000 euros.

PARQUE INFANTIL E BIOSAUDABLE DE PORTAMEÁN
FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Parque infantil e biosaudable de Portameán.