Anuncios
Ticker de novas

Máis de 200 xestores administrativos de toda España celebran o seu patrón en Baiona

FOTO: TURISMO DE BAIONA

Baiona converterase este sábado no centro neurálxico dos xestores administrativos. Coincidindo cos actos festivos de San Cayetano de Thiene, patrón da profesión, os máximos representantes das organizacións colexiais do país e os dirixentes do máximo órgano representativo da profesión a nivel estatal daranse cita na Vila convidados polo Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, que fará de anfitrión nunhas celebracións que contarán coa presenza de preto de douscentos colexiados.

Entre os máximos responsables da profesión que acudirán para honrar a San Cayetano atópanse o presidente do Consello Xeral de Colexios de Xestores Administrativos de España, e tamén presidente do Colexio de Madrid, Fernando Santiago Ollero, Juan Antonio Santos Rovira, presidente da Mutualidade de Xestores Administrativos; Miguel Ángel Pertejo, presidente do Colexio de Castela León; José Manuel Mariño Romeu, presidente do Colexio de Estremadura e Víctor Carpintero, presidente do Colexio de Cantabria.

Os xestores administrativos desprazaranse ata Baiona para realizar un percorrido en barco ata o Parque Nacional Illas Atlánticas, cunha duración aproximada de 2 horas. Posteriormente, a comitiva nacional desprazarase ata Santa Maria de Oia, onde celebrará un o xantar de confraternidade.

Anuncios