Anuncios
Ticker de novas

Máis de 2.000 alumnos de ESO, bacharelato e réxime especial iniciaron o curso no Val Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // IES Val Miñor.

Un total de 26.115 escolares da área territorial de Vigo comezaron este venres as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO) bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 17.724 alumnos e alumnas comezaron o curso en ESO e 5.849 en bacharelato. No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, segundo os datos provisionais o número de matriculados é de 2.687.

En canto á distribución por municipios destes 26.115 estudantes que hoxe volveron ás aulas, a meirande parte deles, 17.298, o fixeron en Vigo; 2.140 en Cangas; 1.332 en Redondela, 1.093 no Porriño; 996 en Mos; 972 en Nigrán; 580 en Gondomar; 485 en Baiona; 458 en Soutomaior; 395 en Salvaterra; 283 en Salceda de Caselas; e 83 en Pazos de Borbén.

Anuncios