Concerto da Banda de Música do Val Miñor en San Pedro

O Concello de Nigrán ofrece o luns 29 de xuño o concerto da Banda de Música do Val Miñor en San Pedro con motivo precisamente deste mesmo patrón, festivo local este ano en Nigrán. Así, a banda sairá en pasarrúas ás 12:00 horas para percorrer os barrios da Igrexa, Camesella, Souto e Pereira e, posteriormente, realizará ás 13:00 un concerto no Torreiro de San Pedro. Esta actuación encádrase no programa municipal “Música nas Parroquias” que ofrece unha actuación en sesión vermú na festividade de cada parroquia de Nigrán, xa que na maioría dos casos nin haberá verbena por mor das circunstancias sanitarias. A seguinte será con motivo de Santiago de Parada o 25 de xullo.