Sin categoría

Preto de 200 corredores participaron na XVIII Marcha Cicloturista de Gondomar

Preto de 200 corredores participaron este domingo na XVIII Marcha Cicloturista Concello de Gondomar, organizada polo Club Ciclista Gondomar e apadriñada nesta edición por Lydia Adelín, Gustavo Veloso, Lale Cubino, Delio Fernández e Marcial Rodríguez.

Pasadas as 9:30 da mañá o pelotón partía desde a rúa Eduardo Iglesias, fronte ao Concello de Gondomar, para completar un percorrido de 106 km, pasando por Baiona, Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Alto de Tebra, San Antoniño, Tui, Monte Aloia, Morgadáns e Couso, finalizando na Alameda de Gondomar.

Unha vez finalizada a proba os participantes puideron gozar duns petiscos. Para pechar a xornada, o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e a concelleira Infraestruturas, Iria Lamas, xunto con Roberto Valverde, presidente do club organizador e os padriños da marcha, foron os encargados de facer a entrega de trofeos aos corredores premiados nesta XVIII edición.

Trofeos 3 primeiros en chegar do tramo libre Tebra- Monte Aloia:
1º David Vidal de Sá
2º Toño García
3º Manuel Fraga

1ª Marina González
2ª Noelia Portela
3ª Belén Gándara

Trofeo ao club máis numeroso:
CC Illas Cíes

Trofeo ao club máis afastado:
CC DH Galicia Team (Sarria)

Trofeo ao ciclista masculino de maior idade:
Domingo González Carrera

Trofeo ao ciclista masculino de menor idade:
Brais Gómez Cima

Trofeo á ciclista feminina de maior idade:
Belén Gándara Pereira

Trofeo á ciclista feminina de menor idade:
Noelia Portela González

El pase de diapositivas requiere JavaScript.